Contador de Visitas

luns, 3 de xuño de 2013

ÉXITO TOTAL DA I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA

Faltan adxetivos para poder calificar o éxito co que se desenrrolou a I Xornada Feroz de Música Galega, que como ben sabedes se celebrou o pasado 25 Maio, onde perto de 40 alumnos provintes das catro provincias galegas se achegaron ata As Pontes para sacar o máximo proveito dos obradoiros que lideraron Daniel Bellón, Davide Salvado e Lola de Ribeira máis Miguel Fraguas.
O calidade musical de cada un dos mestres, unida á súa gran capacidade didáctica, foron os cimentos do éxito de esta I Xornada sobre os que os alumnos asistentes puxeron os pilares coa sua total implicación e participación activa.
Trala celebración dos obradoiros o día rematou cunha festeira foliada que comenzou arredor das 21:30 e finalizou máis aló das ¡¡6 da mañá!!. Temos que agradecer ós nosos compañeiros do grupo Medio Quinhón (Burela) que se encargasen de arrancar e prender lume a esta foliada, así como de ser os animadores de gran parte da mesma. Do mesmo xeito é extensivo este agradecemento ós bailadores de Espasante, Cerdido, Cedeira e outros lugares que se achegaron ata a foliada.

Todos os ánimos e apoios recibidos antes, durante e despois da celebración desta I Xornada Feroz non fixeron máis que decidirnos a continuar o vindeiro ano cunha segunda edición, na que procuraremos correxir os erros de esta primeira e mellorar todo aquelo que se poda e esté ó noso alcance. 

Lola de Ribeira e Miguel Fraguas cos alumnos asistentes ó obradoiro de percusión

Davide Salvado cos alumnos asistentes ó seu obradoiro de canto

Daniel Bellón cos alumnos asistentes ó seu obradoiro de gaita
Medio Quinhón con Miguel Fraguas ó bombo na foliada post-xornada
Imaxen da foliada post-xornada
Davide Salvado entregado á foliada
Imaxe da foliada post-xornada

Ningún comentario:

Publicar un comentario