Contador de Visitas

mércores, 10 de abril de 2013

I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA

Temos o pracer de presentarvos a que será a primeira actividade de carácter formativo organizada polo noso grupo: a I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA. Celebrarase o vindeiro 25 de Maio, e consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento: gaita galega, canto e pandeireta, e percusión.
Esta Xornada, aberta a todo aquel que esté interesado, impartirase nas instalacións do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes e terá unha duración de 8 horas.

O contido de cada un dos obradoiros pretende afondar nos coñecementos técnicos e musicais dos alumnos, e na apredizaxe de novos recursos. Para elo traemos a As Pontes a profesionais de primeiro nivel en cada unha das materias, que de seguro serán clave para que cada obradoiro sexa de máximo proveito para o alumno. Aquí volos presentamos:
- Obradoiro de Gaita Galega: DANIEL BELLÓN.
- Obradoiro de Canto e Pandeireta: DAVIDE SALVADO.
- Obradoiro de Percusión: LOLA FERNÁNDEZ (Lola de Ribeira) e MIGUEL FRAGUAS.

O prezo de cada un de estes obradoiros será de 35 € a pagar unha vez que confirmemos a admisión na Xornada de cada alumno, no número de conta que indiquemos a tal efecto.
As inscripcións pódense facer dende o 10 de Abril ata o 15 de Maio na dirección de correo xornadaferoz@gmail.com, indicando claramente: nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, e obradoiro no que se quere inscribir.
Dado que temos un límite de 15 prazas por obradoiro, a admisión de alumnos farase por rigurosa orde de inscripción.

A continuación vos indicamos os horarios da Xornada:
09:30 hs. Recepción de alumnos no Conservatorio Profesional de Música de As Pontes. Presentación do     profesorado e entrega do material.
10:00 hs. Comezo dos obradoiros
11:30 hs. Descanso. Café con mantecadas de As Pontes.
12:00 hs. Reanudación dos obradoiros.
14:00 hs. Xantar. Para os alumnos interesados, haberá un xantar de confraternización no restaurante O PUXIGO. Prezo: 10 €. Autocar gratuito ó restaurante.
16:00 hs. Reanudación dos obradoiros.
20:00 hs. Clausura dos obradoiros. Entrega dos diplomas ós alumnos.
A partires das 20:00, e ata que o corpo aguante, petiscos para os alumnos e foliada na cafetería LAR.

En vindeiras publicacións neste blog detallarémosvos o contido de cada un dos obradoiros e iremos dando maís información. Mentras tanto... ¡Ide pensando en animarvos! ¡Agardamos vervos na nosa I Xornada Feroz de Música Galega!.

Para calquer consulta ou dúbida podedes poñervos en contacto con nós no mesmo correo das inscripcións xornadaferoz@gmail.com, ou nos teléfonos de contacto 649461684 (Miguel) e 625500818 (Carolina).


Ningún comentario:

Publicar un comentario