Contador de Visitas

mércores 23 outubro 2013

OS FEROCES NO PASABODEGHAS 2013 DE SAN MIGUEL DE SARANDÓN

Os Feroces da Galgueira xunto coas Toca-Deiras participaremos no Espazo Activo da Ulla, máis concretamente no PASABODEGHAS que se fará en San Miguel de Sarandón, no concello de Vedra.

Rumores ben contrastados din que posiblemente se unan a esta comitiva feroz os míticos ourensáns Sotelino`s Bois, tamén coñecidos pola terra da chispa coma Os Estoupapozas. Benvidos e bebidos sexan!

Ás 17:00 horas comenzarán os actos do Espazo Activo da Ulla coa celebración do Pasabodeghas, unha ruta gaiteira con desgustacións polas sete adegas participantes no evento.

Os asistentes poderán adquirir o "Pack Pasabodeghas" por 10 € que inclúe unha xarra conmemorativa con degustación de viño tinto e pincho polas adegas.

A ruta contará co acompañamiento musical de As Brañas de Andrés, Céltigos Alteriados, Gharatuxa, Vouvirvorver, Sarabelafolk, Re-voltas, Os de Couso, O Ghusto do Boi, Son de Souto, Coser e Cantar de la Asociación do Traxe Galego, Quen son eses, A Banda das Amasadas, Vai de Roda, Trécola, Farreiros das PEnizas, Os ke hai, Varacuncas, Raiolo, Gaiteiros do Balado, Pena do Corvo, Medio Quinhón, A Ferreña Furtiva, Sin Son e como non podería ser doutro xeito con Os Feroces da Galgueira + Toca-Deiras.

Durante toda a xornada tamén haberá xogos populares con Raiceiros, contacontos a cargo da Asociación Papaventos, exposicións, talleres, artesanía.
Pola tarde, no campo da festa celebrarase o Festex-Arte e un Magosto Popular.
A partir das 23:00 animarase a festa coas actuación musicales a cargo de A Requinta da Laxeira, Carunchos e Collón de Lola.

luns 03 xuño 2013

ÉXITO TOTAL DA I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA

Faltan adxetivos para poder calificar o éxito co que se desenrrolou a I Xornada Feroz de Música Galega, que como ben sabedes se celebrou o pasado 25 Maio, onde perto de 40 alumnos provintes das catro provincias galegas se achegaron ata As Pontes para sacar o máximo proveito dos obradoiros que lideraron Daniel Bellón, Davide Salvado e Lola de Ribeira máis Miguel Fraguas.
O calidade musical de cada un dos mestres, unida á súa gran capacidade didáctica, foron os cimentos do éxito de esta I Xornada sobre os que os alumnos asistentes puxeron os pilares coa sua total implicación e participación activa.
Trala celebración dos obradoiros o día rematou cunha festeira foliada que comenzou arredor das 21:30 e finalizou máis aló das ¡¡6 da mañá!!. Temos que agradecer ós nosos compañeiros do grupo Medio Quinhón (Burela) que se encargasen de arrancar e prender lume a esta foliada, así como de ser os animadores de gran parte da mesma. Do mesmo xeito é extensivo este agradecemento ós bailadores de Espasante, Cerdido, Cedeira e outros lugares que se achegaron ata a foliada.

Todos os ánimos e apoios recibidos antes, durante e despois da celebración desta I Xornada Feroz non fixeron máis que decidirnos a continuar o vindeiro ano cunha segunda edición, na que procuraremos correxir os erros de esta primeira e mellorar todo aquelo que se poda e esté ó noso alcance. 

Lola de Ribeira e Miguel Fraguas cos alumnos asistentes ó obradoiro de percusión

Davide Salvado cos alumnos asistentes ó seu obradoiro de canto

Daniel Bellón cos alumnos asistentes ó seu obradoiro de gaita
Medio Quinhón con Miguel Fraguas ó bombo na foliada post-xornada
Imaxen da foliada post-xornada
Davide Salvado entregado á foliada
Imaxe da foliada post-xornada

venres 12 abril 2013

I Xornada Feroz de Música Galega: OBRADOIRO DE PERCUSIÓN


lola.jpg

Lola Fernández, máis coñecida por Lola de Ribeira, será a responsable de impartir o obradoiro de percusión. Lola é unha das percusionistas máis recoñecidas do panorama musical tradicional do país. Os seus estudos musicais comezaron na Escola Municipal de Gaita e Percusión de Ribeira, seguindo a súa formación nunha das bandas de gaitas máis carismáticas dos anos oitenta, “Ancoradoiro” . Compaxina os seus estudos de percusión clásica no conservatorio de Santiago de Compostela, cos da diplomatura de Maxisterio Musical na mesma cidade. 
Foi integrante do orfeón Terra a Nosa”, onde traballa canto clásico co mestre de capela Miro Moreira. Anos máis tarde, complementará os seus estudos de canto moderno con Carmen Rey. 
Formou parte de grupos tan dispares como Serra-lhe aí!!!, Sete Saias ou Os Diplomáticos de Montealto. É capaz de traballar rexistros tan dispares como o rock, o folque ou a música tradicional e aportar novas sonaridades aos mesmos. 
Na actualidade forma parte do grupo Taghaitai xunto con Manolo Maseda, Edelmiro Fernández e Iván Costa.
Miguel Fraguas é titulado de Grado Profesional de Música Tradicional na especialidade de requinta. Formouse como instrumentista de gaita de mans de prestixiosos mestres coma Iván Costa, Edelmiro Fdez, Pepe Vaamonde e Juanjo Fernández. Posteriormente cursou estudios de saxo da man dos mestre Pablo Estellés e Sarunas Pupelis.
No campo da música tradicional ten acadado numerosos e importantes premios, tanto coma gaiteiro coma percusionista.
Na actualidade é membro da orquesta tradicional Sondeseu, do grupo Banda Baile Asalto, do grupo Lagareu, do cuarteto tradicional Polavila e da compañía de danza Bruma. Asemade é director da Banda de Gaitas Foula de Cotobade, así como da sección de percusión Os Chaneiros de Marín, mestre das pandereteiras de Quireza e director da Charanga Polavila.

CONTIDOS XERAIS DO OBRADOIRO

1. Descripción e características do instrumento: tamaño, materiais, tímbrica, bordón, afinación (relativa), etc.
2. Baquetas: elección, posición adecuada e modo de collelas.
3. Rudimentos técnicos: linguaxe musical básica para a lectura e composición de arranxos; paradiddle; acentos; ligaduras; redobres; mordentes; etc.
4. Esquemas básicos de acompañamento dos diferentes ritmos empregados na música tradicional galega: alboradas, pasodobres, polcas, rumbas, vals, mazurcas, jotas, muiñeiras.
5. Traballo de arranxos para os diferentes ritmos (exemplos e composición individual e/ou por grupos).
6. Audicións de diferentes execucións percutivas e maneiras de acompañar (acompañamento básico, debuxo da melodía, contrate e contraposición).
7. A pequena percusión: culleres, tarrañolas.


I Xornada Feroz de Música Galega: OBRADOIRO DE CANTO E PANDEIRETA

davide.jpg

Davide Salvado (Marín, 1981), unha das voces máis carismáticas e con máis proxección do noso país, será o encargado de impartir o obradoiro de canto e pandeireta. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura e o respeito pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.
No 2004 entra a formar parte, xunto a Ugia Pedreira (Marful), Ramom Pinheiro e Richard Rivera, do grupo Ecléctica Ensemble, formado no Consevatorio de Música Tradicional e Folque. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda do recoñecido gaiteiro Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo.
Na actualidade, é voz da Banda das Crechas, grupo residente da mítica Casa das Crechas compostelana, coa que gravou o seu disco homónimo. Davide ten ademáis colaborado en varios traballos discográficos, como “Arrolos de Salitre”, o disco de cantos de berce editado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Berrogüetto).
No 2011 editou o seu primeiro traballo en solitario, “Árnica Pura”. Un disco moi persoal no que Davide nos sorprende cunha escolla do que poderíamos chamar "as súas cancións preferidas". Agora na primaveira do 2013 presentará o seu segundo traballo "O ladrón de amorodos", inspirado nos fermosos deseños do artista William Morris, e no que o concepto estético cumpre un importante papel. 
Tres días despois da nosa I Xornada Feroz, o martes 28 de maio, a partires das 20:30 hs, Davide presentará este novo disco no Teatro Colón de A Coruña.

CONTIDOS XERAIS DO OBRADOIRO

- Afinación, dinámicas e expresividade no canto tradicional.
- Nocións técnicas e ritmos en pandeireta galega, pandeiras, pandeiro cadrado.

- Repertorio aplicado.



I Xornada Feroz de Música Galega: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA

daniel.jpg

O obradoiro de gaita galega será impartido por Daniel Bellón (Ferrol, 1985), o cal posúe un dos currículums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber.
Fórmase no seo da Banda de Gaitas Airiños de Fene, á vez que estudia no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol obtendo a titulación de Grao Profesional de Gaita Galega. Dende 2006 estudia jazz na "Escuela Popular de Música y Danza" (Madrid), cursando saxofón, harmonía moderna, improvisación e piano complementario. 
Na banda de gaitas Airiños de Fene chega a desenvolver durante varios anos a faceta de gaiteiro solista. Asimesmo é fundador dos grupos Roquementroque, Venela e tamén participou do cuarteto de gaitas Xaloucos. No ano 2001 funda con Pedro Lamas o cuarteto tradicional Luvas Verdes. Catro anos despois, no 2005, funda con Diego Maceiras o BellónMaceiras Duo, proxecto que actualmente convive có BellónMaceiras Quinteto. 
Na súa traxectoria como gaiteiro solista ten acadado premios como o "Constantino Bellón" en 3 ocasións (2001, 2005 e 2006, sendo o gañador máis novo de toda a historia), o "Gaiteiro de Soutelo" en 4 ocasións (2002, 2004, 2005 e 2006), e o "Trophée Macallan (Lorient, Francia, 2003). 
No ano 2010 é co-fundador xunto a Diego Maceiras da Escola de Música BellónMaceiras de Fene.
Na actualidade combina a súa faceta de gaiteiro-saxofonista nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), co de gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes, e coa de mestre de gaita galega. 

CONTIDOS XERAIS DO OBRADOIRO
1. Afinación na gaita galega (4 horas).
    1.1. O tempero.
    1.2. Afinación do ronco.
    1.3. Afinación do punteiro.

2. Ornamentación e estilística na gaita galega (4 horas).
    2.1. Ornamentos. Estudio sobre partituras de pezas galegas.
    2.2. Estilística diversa.
    2.3. Posturas alternativas
    2.4. Ornamentación a cuarteto.
    2.5. Audicións


mércores 10 abril 2013

I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA

Temos o pracer de presentarvos a que será a primeira actividade de carácter formativo organizada polo noso grupo: a I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA. Celebrarase o vindeiro 25 de Maio, e consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento: gaita galega, canto e pandeireta, e percusión.
Esta Xornada, aberta a todo aquel que esté interesado, impartirase nas instalacións do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes e terá unha duración de 8 horas.

O contido de cada un dos obradoiros pretende afondar nos coñecementos técnicos e musicais dos alumnos, e na apredizaxe de novos recursos. Para elo traemos a As Pontes a profesionais de primeiro nivel en cada unha das materias, que de seguro serán clave para que cada obradoiro sexa de máximo proveito para o alumno. Aquí volos presentamos:
- Obradoiro de Gaita Galega: DANIEL BELLÓN.
- Obradoiro de Canto e Pandeireta: DAVIDE SALVADO.
- Obradoiro de Percusión: LOLA FERNÁNDEZ (Lola de Ribeira) e MIGUEL FRAGUAS.

O prezo de cada un de estes obradoiros será de 35 € a pagar unha vez que confirmemos a admisión na Xornada de cada alumno, no número de conta que indiquemos a tal efecto.
As inscripcións pódense facer dende o 10 de Abril ata o 15 de Maio na dirección de correo xornadaferoz@gmail.com, indicando claramente: nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, e obradoiro no que se quere inscribir.
Dado que temos un límite de 15 prazas por obradoiro, a admisión de alumnos farase por rigurosa orde de inscripción.

A continuación vos indicamos os horarios da Xornada:
09:30 hs. Recepción de alumnos no Conservatorio Profesional de Música de As Pontes. Presentación do     profesorado e entrega do material.
10:00 hs. Comezo dos obradoiros
11:30 hs. Descanso. Café con mantecadas de As Pontes.
12:00 hs. Reanudación dos obradoiros.
14:00 hs. Xantar. Para os alumnos interesados, haberá un xantar de confraternización no restaurante O PUXIGO. Prezo: 10 €. Autocar gratuito ó restaurante.
16:00 hs. Reanudación dos obradoiros.
20:00 hs. Clausura dos obradoiros. Entrega dos diplomas ós alumnos.
A partires das 20:00, e ata que o corpo aguante, petiscos para os alumnos e foliada na cafetería LAR.

En vindeiras publicacións neste blog detallarémosvos o contido de cada un dos obradoiros e iremos dando maís información. Mentras tanto... ¡Ide pensando en animarvos! ¡Agardamos vervos na nosa I Xornada Feroz de Música Galega!.

Para calquer consulta ou dúbida podedes poñervos en contacto con nós no mesmo correo das inscripcións xornadaferoz@gmail.com, ou nos teléfonos de contacto 649461684 (Miguel) e 625500818 (Carolina).


martes 26 marzo 2013

28/03/2013: ¡¡O SERÁN DO SOR!!

Un ano máis o Porto do Barqueiro prepárase para celebrar a terceira edición do SERÁN DO SOR, o vindeiro xoves 28 de marzo.
O programa comeza ó medio día cunha sesión vermú amenizada polo coro galego Cántigas da Terra, de A Coruña. Pola tarde, una exposición na Lonxa do Porto das artes de pesca máis tradicionais, e ás 20:30 xa comezará o serán.
Para calquer cuestión ou dubida podedes informarvos no Twitter @serandosor, en Facebook (facebook.com/oserandosor) e na web oserandosor.org.